CRM
Se vostede tamén pensa que a mellor forma de lograr o crecemento da súa empresa e aumentar as súas vendas pasa por coñecer mellor o comportamento e as necesidades dos seus clientes, a solución de CRM de 3.14 finacial axudaralle a lograr ese obxectivo.
A solución de CRM de 3.14 Financial é un sistema intelixente que grazas ao emprego de protocolos abertos e á súa integración nos sistemas da empresa, permite monitorizar en todo momento os parámetros clave das relacións cos clientes, poñendo en relevo as fortalezas e debilidades da empresa e facilitando a realización de benchmarkings con outros competidores.
Calidade 3.14
- Reduce o custo de mantemento.
- Facilita a conexión con outras áreas de tecnoloxía.
- Utiliza estándares que facilitan a conexión con outras empresas ou provedores.
- Permite reducir o custo de novas versións e actualizacións.
