Banca Móbil
3.14 Financial proporciona servizos para as novas canles de comunicación en telefonía móbil e solucións de telefonía avanzada por voz. Ofrecemos servizos de desenvolvemento para móbiles, sistemas de mensaxeiría SMS e solucións de telefonía e contacto por voz (IVR e VoiceXML). Estas solucións en conxunto móstranse como unha oferta completa ao poder ofrecerlle múltiples canles ao cliente que se integran perfectamente con outras aplicacións bancarias ou de mercados financeiros.
A solución destaca pola súa facilidade para integrar e acceder a outros servizos e aplicacións financeiras, que permite rapidamente ofrecer servizos móbiles ou servizos de telefonía por voz de vangarda sen alterar o sistema de back-office ou transaccional.
Calidade 3.14
- Reduce o custo de mantemento.
- Facilita a conexión con outras áreas de tecnoloxía.
- Utiliza estándares que facilitan a conexión con outras empresas ou provedores.
- Permite reducir o custo de novas versións e actualizacións.
