3.14 Financial > Produtos

Motores de busca

Unha das tarefas máis comúns nas empresas é a busca de información. Hai numerosos estudios que afirman que o tempo medio empregado en buscar información vai dende un 7 ata un 10%. Para que este tempo se reduza e á vez sexa máis eficiente, é necesario contar con ferramentas profesionais que axuden e faciliten a busca pero especialmente que aporten máis valor engadido.

O noso sistema de procura axudaralle a tomar mellores decisións. Conta cun sistema de estruturación de información en divisións por taxonomías e tesauros, o que nos permite ofrecerlle resultados por temas, empresas, organismos, datas, linguas, localización xeográfica e sistemas expertos de Intelixencia Artificial. Se quere dar maior valor engadido á súa información confíe nos nosos motores de busca.