Integrador de Información
No competitivo mundo empresarial, o éxito ou fracaso de moitas decisións dependen da rapidez coa que se toman e da validez dos datos empregados. Por iso, é importante non só ter a información senón ser capaces de acceder a ela no menor tempo posible e integrando información a miúdo diseminada en centos de fontes, campos e formatos distintos dentro da organización.
As solucións de integración de información de 3.14 Financial abarcan dende a creación de potentes ferramentas que extraen e procesan información de múltiples fontes dispersas e heteroxéneas -bases de datos, páxinas web, arquivos de texto, etc.- ata o desenvolvemento e xestión de estructuras de datos flexibles que permitan a obtención sinxela e en tempo real da información necesaria para a xestión.
E ademais, as nosas solucións de integración de información contan cun importante valor engadido sobre outras solucións: baséanse nun sistema dotado dun alto nivel de intelixencia, capaz de traballar con estruturas de información moi complexas, e probado con éxito en numerosos contornos empresariais distintos.
Calidade 3.14
- Reduce o custo de mantemento.
- Facilita a conexión con outras áreas de tecnoloxía.
- Utiliza estándares que facilitan a conexión con outras empresas ou provedores.
- Permite reducir o custo de novas versións e actualizacións.
