Business Intelligence
Ofrecemos solucións de Business Intelligence a medida que fan moito máis que reunir, gardar e dar acceso á información. Combinando as vantaxes do Data Warehousing tradicional coas ferramentas avanzadas de Business Intelligence, as nosas aplicacións poden buscar e interpretar patróns nos seus datos ou extraer a información realmente válida. O resultado é información valiosa que lle permite tomar mellores decisións de negocio, reducindo así custos de operación e aumentando os beneficios.
Tecnoloxías:
Integración de datos: A habilidade de usar e analizar rapidamente información de múltiples fontes ao longo da súa organización pode aforrar incontables horas de traballo do seu persoal.
Análise e Informes: Proporciónalle a información que precisa para tomar mellores decisións de negocio. Os informes e presentacións interactivas guiaranlle á hora de desenvolver e implementar estratexias efectivas para o seu negocio.
Scorecarding ou Cadro de Mando: Os cadros de mando axudan aos xestores de todos os niveis a que os equipos de traballo sigan a súa estratexia, a comunicar obxectivos consistentes e a conseguir o rendemento por obxectivos.
Minaría de Datos: Axúdalle a explorar os seus datos históricos, descubrir patróns e aplicalos a operacións de negocio cunha plataforma flexible e fácil de usar.
Beneficios:
Coas nosas ferramentas melloradas de recuperación de datos e de previsión, pode anticiparse ao comportamento do mercado e coñecer os patróns de compra dos seus clientes. Desta forma, poderá ter un stock axustado ao que precisa, permitindo reducir a cantidade de existencias sen vender.
A mellora da xestión dos datos permite reducir de forma notable o tempo que perde o seu persoal en labores de mantemento de datos. Ademais, os usuarios poden chegar aos datos dos consumidores, de ordes e de existencias moito máis rápido. Isto significa que os seus traballadores poderanse centrar no seu traballo e non no manexo do software. Realizados nun contorno web, sen cargar a memoria do ordenador, minimiza a necesidade de aprendizaxe e de mantemento para os seus empregados. Os usuarios poden ser notificados de distintos eventos vía e-mail, teléfono ou a través das cabeceiras dinámicas no portal web. Un mellor coñecemento do seu negocio creará novas fontes de beneficios, aumentará a súa cota de mercado e reducirá os seus custos de operación.
As nosas solucións de business intelligence están deseñadas para axudarlle a que tome mellores decisións de negocio, dándolle a información máis precisa e relevante cando e onde a necesite.
Calidade 3.14
- Reduce o custo de mantemento.
- Facilita a conexión con outras áreas de tecnoloxía.
- Utiliza estándares que facilitan a conexión con outras empresas ou provedores.
- Permite reducir o custo de novas versións e actualizacións.
