Back Office
Co sistema de Back Office de 3.14 Financial, axilizará e fará máis eficiente a xestión de todos os procesos administrativos da súa empresa. O sistema conta cunha ferramenta que unifica todas as funcións administrativas nun mesmo punto, permitindo unha planificación de tarefas moito máis sinxela e produtiva.
O sistema de Back Office de 3.14 Financial xera e almacena información, accesible a persoas de distintos departamentos facendo moito máis sinxelo o intercambio de información entre elas e a sincronización de tarefas. O sistema incorpora así mesmo una potente ferramenta de reporting que permite xerar informes automáticos, exportalos a follas de cálculo e personalizar a información para distintos usuarios.
Ningunha empresa desexa investir en caras solucións tecnolóxicas que non precisa, por iso, a diferenza de outras solucións, o sistema de Back Office de 3.14 Financial posee una estrutura modular que permite expandir o sistema de acordo coas necesidades da súa empresa e de forma moito máis económica que outras solucións, que obrigan a custosas ampliacións de todo o sistema cando se quere incorporar algunha nova funcionalidade.
O sistema pode completarse cun completo soporte multilingüe e conta cunha sinxela e intuitiva interface que fai que o usuario se sinta cómodo ao utilizar calquera das ferramentas do sistema.
Calidade 3.14
- Reduce o custo de mantemento.
- Facilita a conexión con outras áreas de tecnoloxía.
- Utiliza estándares que facilitan a conexión con outras empresas ou provedores.
- Permite reducir o custo de novas versións e actualizacións.
